Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

Peche sindical nas oficinas de Navantia

    Delegados sindicais están desde o luns pechados nas oficinas de Navantia para esixirlle á empresa «unha solución». O presidente do comité, Emilio García Juanatey (CCOO), explica que a dirección paralizou o proceso de nova incorporación de persoal aos estaleiros. «Démoslle varias alternativas, pero á empresa non lle vale ningunha», denuncia o sindicalista.

    03/02/2021.
    Asemblea de traballadoras e traballadores de Navantia

    Asemblea de traballadoras e traballadores de Navantia

    Segundo Juanatey, as diferenzas entre empresas e sindicatos manifestáronse xa nas bases das convocatorias de emprego, o que levou a parte social a bloquear os proceso antes do Nadal. «Transmitímoslle a Navantia que non podiamos aceptar a arbitrariedade», ao que a dirección respondeu «paralizando estes procesos e outros que se debían facer».

    «Seguirémonos mobilizando e presionando a Navantia, que é unha empresa pública, para que complete os procesos iniciados e chegue a un acordo», apunta o sindicalista de CCOO.

    Semanas de mobilizacións

    Os traballadores e traballadoras de Navantia levan varias semanas mobilizándose pola falta de carga de traballo e para esixir resposta a varias cuestións que están paradas, como a negociación do convenio —o vixente vai caducar—, a convocatoria da comisión de industria auxiliar ou o seguimento do plan industrial.

    Novas relacionadas
    Novas relacionadas